OS
NOSOS
PATROCINADORES

OS NOSOS PATROCINADORES

Benvidos a Lóstrego!

Somos cinco amigos apaixonados polo cine que decidimos levar a nosa paixón un paso máis alá creando este festival. Formamos unha asociación sen ánimo de lucro co obxectivo de dar vida a un evento único na nosa cidade, dedicado ao cine fantástico. Tres de nós traballamos no mundo audiovisual, aportando experiencia e coñecemento en diversas áreas de produción e creación de contidos. Ademais, todos participamos noutros festivais de cine, o que nos inspirou e motivou para emprender esta emocionante aventura.

“Lóstrego” non é só un festival, é un punto de encontro para afeccionados, profesionais e curiosos do cine fantástico. Queremos que este festival sexa un espazo inclusivo e vibrante, onde todos os asistentes poidan gozar dunha programación coidadosamente seleccionada e participar en diversas actividades e eventos que prepararemos con moito agarimo e dedicación.

Esperamos que gocedes do festival tanto como nós gozamos organizándoo. A vosa presenza e participación son esenciais para facer de “Lóstrego” un evento memorable. Animádevos a explorar, participar e compartir esta experiencia única con nós.

¡Que comece a maxia do cine fantástico na Coruña!

Atentamente,

O equipo de Lóstrego

Novas

  • Xeral
Lóstrego en 60”

4 de Decembro de 2024/

Comprácenos comunicar que xa están publicadas as bases de “Lóstrego en 60”, unha sección adicada únicamente a pezas gravadas con…

Espalla polas túas redes!