Ola apaixonados do cine!
Vos comunicamos que xa está aberto o prazo para presentar os vosos traballos na sección de Lóstrego en 60”. Unha sección adicada a curtas dun minuto gravadas con teléfono móvil na que poderedes demostrar que con poucos recursos e imaxinación tamén é posible facer audiovisual. Animádevos a participar, tendes ata o 30 de Agosto!
Podedes ver as bases e subir as vosas pezas na páxina de Lóstrego en 60”.
Tende en conta que ás veces nalgúns dispositivos a subida de arquivos falla, neste caso, escribídenos a info@lostregofestival.com